Un preso fugado recentemente tenta recuperar o botín agochado hai uns anos nunha remota e isolada vila, mais atopa unha sentenza peor có cárcere. Anciáns siniestros, desaparicións estrañas, espíritos, un sacerdote peculiar e até o mesmo arcipreste de Santiago protagonizan unha historia de terror, humor e fantasía. Primeira produción en stop-motion feita en arxila en España. Participan coas súas voces Luis Tosar, Geraldine Chaplin, Manuel Manquiña, Jorge Sanz e Paul Naschy entre outros.